O Concello da Guarda conta cun novo escenario de plataforma baixa e 150 cadeiras para eventos
Fotografía do Festival A Guarda Mar de Blues
O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, ven de mercar un escenario de plataforma baixa e 150 cadeiras grazas ao remanente do Plan Concellos 2019 da Deputación de Pontevedra por un valor de 11.912,14€.
Este novo equipamento ven a cubrir necesidades específicas de certos eventos culturais motivadas pola pandemia da COVID-19, para mellorar a calidade técnico-artística de numerosos eventos que se celebran ao longo do ano na vila da Guarda.
O escenario é un GUIL modular cunhas dimensións máximas de 48m2(8x6m) con patas telescópicas regulables en alturas comprendidas entre os 40 e 60cms, que permiten adaptalo a diferentes espazos.
En total mercáronse a través desta subvención un total de 150 cadeiras plegables con 3 carros para o seu transporte, o que facilita o seu traslado e uso en eventos culturais. Cadeiras lixeiras, confortables e sólidas que permiten unha fácil manipulación.
Esta adquisición permitiu achegar ao público diferentes formatos culturais, amais de dispor dunha nova plataforma que mellorou a conexión entre o público e os artistas.