O Concello da Guarda da a benvida á Maxia do Nadal co acendido oficial das luces na Praza do Reló o vindeiro venres 8 de decembro ás 20:00h
Este venres 8 de decembro ás 20:00h, o Concello da Guarda convida á comunidade a unirse á celebración do acendido oficial das luces de Nadal na emblemática Praza do Reló.
Este evento, que marca o inicio das festividades nadaleiras no noso querido concello, será aínda máis especial grazas á actuación do Grupo de Gaitas da Terceira Idade.
O Concello da Guarda espera contar coa presenza de todos os residentes e visitantes para disfrutar xuntos deste momento único. O acendido das luces de Nadal marca o comezo dunha serie de actividades festivas programadas para toda a tempada.
Acompañádenos neste momento especial mentres iluminamos A Guarda coa maxia do Nadal!
Tag:A Guarda, A maxia do nadal, acendido, Nadal