O Concello da Guarda da os parabéns a Anair Lomba pola súa traxectoria deportiva
• A deportista guardesa ven de anunciar recentemente a súa retirada do deporte profesional
O Concello da Guarda quere expresar publicamente os seus parabéns á deportista guardesa Anair Lomba “Lombi”, unha xogadora de fútbol feminino que ven de anunciar recentemente a súa retirada do deporte profesional debido ás lesións que viña arrastrando dende fai un tempo nos seus xeonllos.
A futbolista, que viña xogando coma capitana do Espanyol nas pasadas tempadas, anunciou entre bágoas o pasado luns o seu “adeus” a unha carreira deportiva que a levou a xogar en equipos como o Olivo, onde grazas ao seu famoso gol subiu á Primeira División, o primeiro ascenso dun equipo de fútbol feminino de Galicia a esta categoría, ou no Espanyol, onde tamén tivo a oportunidade de xogar na máxima categoría de competición.
O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, quere amosar todo o seu apoio a esta deportista de élite, dando os seus parabéns á súa traxectoria deportiva e animándoa nesta nova etapa da súa vida.
Tag:A Guarda, anair lomba, Deporte, Fútbol, lombi