O CONCELLO DA GUARDA, EN CASO DE CHUVIA, COLOCARÁ UNHA CARPA NO CASTELO DE SANTA CRUZ PARA CELEBRAR “NOITES NO CASTELO”
A cita é o sábado 12 setembro.
O Concello da Guarda, en caso de chuvia, colocará unha carpa no Castelo de Santa Cruz para poder celebrar o evento “Noites de Castelo”.
Este evento consta da proxección do filme galego “A Esmorga”, seguido dun concerto do grupo galego “A Roda”, que ameniza unha das escenas da película.
Antes da proxección, ás 20,30 horas, o filme será presentado polo actor protagonista do mesmo, Antonio Durán, e o director do mesmo, Ignacio Vilar.
Con este gran evento, o Concello da Guarda, quere poñer o peche este ano a programación do verán desta vila.