O Concello da Guarda estrea nova canle de comunicación vía Whatsapp
- A través deste servizo a veciñanza poderá recibir información sobre a actualidade do municipio (actividades, convocatorias de emprego, cursos, eventos, etc.).
- Para desfrutar do servizo, a persoa interesada deberá gardar o número 679 074 381 na súa axenda de contactos e logo enviar unha mensaxe de Whatsapp coa palabra ALTA.
O Concello da Guarda continua co seu proceso de modernización e establecemento de novas canles de comunicación coa cidadanía. Nesta ocasión incorpora o servizo de mensaxería instantánea Whatsapp, a popular app que ten un uso tan estendido entre persoas de todas as idades.
Pódense consultar as normas de uso na seguinte ligazón (https://www.aguarda.es/wp-content/uploads/2023/04/Normas-uso-whatsapp-concello.pdf).
Recordar que para a recepción de incidencias segue estando en funcionamento a aplicación “Concello da Guarda” e o apartado “Diríxete ao Alcalde” da web municipal www.aguarda.es
Tag:A Guarda, comunicacion, whatsapp