O Concello da Guarda informa da suspensión dos órganos colexiados municipais
A evolución do COVID-19 nos últimos días supón a adopción de medidas de contención extraordinarias.
Os responsables municipais están facendo un seguimento en tempo real en base ás recomendacións do Estado, da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia para establecer os protocolos a seguir ante a evolución do coronavirus COVID-19.
Seguindo unha resolución de alcaldía e de acordo co ordenamento xurídico e as recomendacións remitidas pola FEGAMP adoptouse a suspensión das sesións dos órganos colexiados municipais, a excepción da Comisión de Seguimento do COVID-19 ou de calquera outra que poida ser creada ao efecto para a xestión da situación de crise sanitaria.