O Concello da Guarda organiza encontros entre a administración local e a mocidade na actividade “Conversas coa Xuventude”
A primeira cita é o 2 de outubro ás 20,30 horas na Casa dos Alonsos.
A Concellería de Xuventude do Concello da Guarda organiza a actividade “Conversas coa Xuventude”, iniciativa que nace coa intención de crear un espazo de encontro entre a administración local e a mocidade do municipio.
Nestes encontros se facilitarán ferramentas de participación directa á mocidade para que teñan a oportunidade de expor e facer chegar as súas propostas, necesidades e demandas ó Concello. Así, búscase tecer redes para colaborar e conseguir melloras para toda a poboación da vila, especialmente para a máis nova.
Cada unha destas xornadas terá un tema que vertebrará a conversa dese día. A primeira, que terá lugar o venres 2 de outubro na Casa dos Alonsos, levará por título “Implicación entre a xuventude e o Concello”. Nesta primeira toma de contacto se tratará de resumir todo aquelo que se ten feito dende a administración local ata agora en materia de xuventude e aquelo que se ten planificado para un futuro inmediato.
Nesta xornada, que dará comezo ás 20,30 horas, intervirán José Manuel Domínguez Freitas, ex alcalde da Guarda, e Antonio Lomba Baz, actual alcalde do municipio.