O CONCELLO DA GUARDA PECHA TEMPORALMENTE A RAMPLA DO PIRÚN POR SEGURIDADE
O Concello da Guarda procedeu hoxe ó peche temporal da rampla situada na zona coñecida como Pirún, na rúa da Cal, por cuestións de seguridade.
Este peche débese o deterioro da madeira da que está construída a rampla debido o paso do tempo. Dende este mesmo momento, o Concello xa está xestionando os trámites oportunos para a súa reposición no menor espazo de tempo posible.
Mentres este camiño estea pechado, o Concello quere pedir desculpas ós usuarios polas molestias que poida ocasionar.