O concello da Guarda precisa Socorristas para garantir a seguridade nas praias na tempada estival
O Concello da Guarda precisa persoal para cubrir as prazas de socorristas de cara á inminente tempada estival e garantir deste xeito a seguridade nos areais da Praia fluvial do Muíño, na desembocadura do Río Miño e na Praia marítima de Area Grande, ámbalas dúas con Bandeira Azul.
Todas as persoas interesadas en participar no proceso selectivo para cubrir as prazas de socorristas no Concello da Guarda e que conten coa titulación esixida para o desempeño do traballo de socorrista e estar no Rexistro de Socorristas, deberán anotarse nas oficinas do Servizo Galego de Emprego de Tui á maior brevidade posible.
Tag:A Guarda, Emprego, socorristas