(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Xuventude

    • Home
    • Xuventude
    • O CONCELLO DA GUARDA PRESENTA UN PROGRAMA DE ACOMPAÑAMENTO E MENTORING PERSOAL E UN LABORATORIO DE IDEAS

    O CONCELLO DA GUARDA PRESENTA UN PROGRAMA DE ACOMPAÑAMENTO E MENTORING PERSOAL E UN LABORATORIO DE IDEAS

    • Posted by Concello
    • Categories Xuventude
    • Date 27 August, 2015

    O prazo para anotarse nestes proxectos xa está aberto. Todo aquel que precise máis información pode dirixirse directamente ó Concello.

    Esta mañá, presentouse na Casa dos Alonsos o Programa de Formación e Emprego do Concello para o curso 2015-2016. Neste acto, no que estivo presente o alcalde da localidade, Antonio Lomba, xunto co Concelleiro de Emprego Xavier Crespo e a Deputada Provincial para o Emprego Montserrat Magallanes, informouse, tanto os medios coma a todas aquelas persoas interesadas, dos dous novos proxectos.

    A encargada de explicar polo miúdo estes programas foi Susana Rodríguez, quen será a encargada de levalos a cabo coma responsable do equipo do “Grupo Arestora”.

    O primeiro deles, nomeado como “Programa de acompañamento e mentoring persoal para o autoemprego” está concibido coma unha continuación do curso de “Dinamización de emprego: sementa o teu futuro”. O obxectivo deste acompañamento é fomentar as metas, a creatividade e, entre outras, a creación de empresas a través de sesións de mentoring, de coaching tanto grupal como individual e diferentes grupos de apoio. “Un dos retos máis importantes é crear redes de colaboración”, afirmou Susana na presentación.

    Este programa está destinado tanto a persoas que xa teñen ideas de negocio como as que teñen capacidades e cualidades pero aínda non teñen esa idea. Tamén a empresarios que teñen un negocio xa iniciado dende fai pouco tempo ou para persoas que participen en grupos de voluntariado.

    Non hai límite de idade, os horarios serán flexibles e está pensado para que sexan seis meses de duración e teñan dúas sesión cada mes.

    O outro programa, denominado “Laboratorio de Ideas Emprendedoras A Guarda”, ten coma obxectivo traballar as ideas de forma grupal para aproveitar ó máximo os recursos. Este laboratorio terá dúas fases; a primeira delas tratará de fomentar a creatividade, de facer un mapa dos camiños a seguir para poder concretar ese primeiro xerme.
    A segunda fase baséase na consolidación da idea e na creación dun grupo de traballo. O Concello, así, facilitará un espazo no que se podan proxectar esas ideas empresariais.

    O laboratorio está destinado a xoves guardeses que están a estudar ciclos ou estudos universitarios e teñan inquedanzas que queiran levar a cabo.
    De novo o horario será flexible e continuado, a duración aproximada de seis meses e as sesións dúas cada mes.

    O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, mostrouse moi ilusionado nesta presentación. “Nós somos parte deste proxecto. Desexamos que funcione, non sabemos como será o futuro. O que nos propoñemos é un reto e unha experiencia”, afirmou Lomba.

    O prazo para anotarse nestes dous proxectos, que se materializan grazas ós orzamentos municipais, xa está aberto. Todas aquelas persoas interesadas poden informarse tanto nas oficinas da OMIX coma de AEDL, do Concello da Guarda.

    As sesións presencias, tanto do mentoring coma do laboratorio, e tamén as salas de cooworking, serán na Casa de Oficios da Guarda.

    • Share:
    Concello

    Previous post

    MAÑÁ PÉCHASE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NA XX TRAVESÍA A NADO PORTO DA GUARDA QUE XA CONTA CON MÁIS DE 130 NADADORES
    27 August, 2015

    Next post

    Festa da Langosta 2016
    20 June, 2016

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Cookies policy
    • Privacy Policy