O Concello da Guarda publica a listaxe oficial das solicitudes rexistradas para a inscrición no Campamento urbano de verán
Rematado o prazo de inscrición para o Campamento urbano de verán e segundo as bases do procedemento, publicamos as solicitudes rexistradas.
Solicitudes Campamento Urbano Verán 2026
Visto o número de solicitudes e tal e como indican as bases, realizarase un sorteo tendo en conta o criterio de baremación publicado: traballo acreditado de ambas persoas proxenitoras ou no caso de
familia monoparental/monomarental da persoa que acredite esta condición.
O sorteo realizarase o día 2 de xuño ás 9:30 horas e determinará a ocupación das prazas e a listaxe de reserva das mesmas.



