O Concello da Guarda recorda que os restos vexetais deben levarse ao punto limpo
Coa chegada da primavera, moitos veciños e veciñas preparan as súas fincas e xardíns para a época máis solleira e de bo tempo.
Por iso, xéranse residuos vexetais da limpeza de xardíns e fincas, como céspede. Estes residuos, así como os de explotacións agrícolas, deben levarse ao Punto Verde (ao lado do Punto Limpo). Pódese facer de luns a venres de 8:00 a 14:30h e os sábados de 8:00 a 13:00h.
Os restos de madeira recóllense no Punto Verde todos os martes. Deste xeito, facilítase o mellor tratamento dos residuos.
O Concello da Guarda recorda que non se poden botar restos de poda nos contedores nin deixar bolsas de lixo fóra dos contedores. Esta acción pode supor unha multa económica para o responsable.