O Concello da Guarda saca a licitación o contrato de explotación dos kioskos das praias da Lamiña e do Muíño
- O último día para presentar electrónicamente as ofertas é o 31 de maio.
O Concello da Guarda ven de publicar na plataforma de contratacións públicas do estado o anuncio para a Explotación dos servizos de temporada nas praias da Lamiña e do Molino, baixo o código de expediente 1028/2023.
Trátase dun procedemento aberto e de carácter ordinario para a explotación dos kioskos emprazados nas praias de cara á vindeira tempada estival e que ten un presuposto base de licitación de 4.000€ para dous anos.
As persoas interesadas en participar nesta licitación poden acceder ao anuncio de licitación e pliegos na Plataforma de Contratacións do Estado en https://contrataciondelestado.es/
Tag:A Guarda, contratos, kioskos, licitacións, praias