(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • English
  • Galician
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Deporte

    • Home
    • Deporte
    • O Concello da Guarda solicita fondos Next Generation EU para a reforma integral da piscina municipal

    O Concello da Guarda solicita fondos Next Generation EU para a reforma integral da piscina municipal

    • Posted by prensa
    • Categories Deporte
    • Date 24 November, 2022
    • Comments 0 comment
    • • Equipo de Goberno considera prioritaria a modernización das instalacións da piscina municipal. Na actualidade é un dos equipamentos mellor valorados pola veciñanza dende o punto de vista da utilidade pública.
      • Para adaptar o complexo deportivo da piscina ás necesidades actuais é necesario, ademais de facer unha optimización dos seus espazos e instalacións, acometer unha mellora integral dende o punto de vista da eficiencia enerxética.

    A piscina climatizada municipal da Guarda foi deseñada fai máis de 25 anos cuns criterios que pouco teñen que ver cos que se empregan hoxe en día para unha instalación deste tipo. Daquela non se lle daba a prioridade que hoxe teñen a criterios como a accesibilidade, eficiencia enerxética e optimización de espazos.
    Por outra banda, moitos dos equipamentos e instalacións que ten a piscina necesitan ser renovados por outros máis modernos e eficientes. Nesta liña o concello xa acometeu, fai uns meses, as obras máis necesarias coa execución do proxecto de revisión e actualización das instalacións da piscina municipal da Guarda, cun prezo de licitación de 85.000 €.
    Dende o goberno municipal da Guarda, considerando e equipamento lúdico deportivo da piscina municipal de utilidade pública e conscientes da importancia que ten para a veciñanza da localidade e da comarca, encargaron os primeiros estudos para valorar a súa modernización no ano 2021. Entón elaborouse un informe técnico do estado da piscina para valorar a situación actual das instalacións e do edificio, e elaborouse tamén unha auditoría enerxética para coñecer canta enerxía se podería aforrar cun proxecto de eficiencia enerxética.
    Aqueles estudos deron como resultado o proxecto, xa executado, de revisión e actualización das instalacións da piscina municipal e outro proxecto, moito máis ambicioso, presentado aos fondos Next Generation EU dentro do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos (PIREP) para entidades locais, neste caso dentro da liña 2 desta convocatoria. O concello xa presentara dentro da liña 1 do PIREP o proxecto da Reforma e Ampliación do Pavillón da Sangriña para a que conseguiu un financiamento de 385.754 €
    O proxecto presentado aos Next Generation de Reforma e Rehabilitación Enerxética da Piscina Municipal da Guarda ten un orzamento que ascende a 2.266.212 € e contempla entre outras cousas: Un aforro de máis do 78% da enerxía que se consume na piscina, ao contemplar, illamento de fachadas e cubertas, iluminación LED, un sistema de renovación de aire con recuperación de calor e a optimización dos espazos; ademais leva a instalación de enerxías renovables, biomasa e fotovoltaica. Tamén se inclúen puntos de recarga eléctricos e mellora da accesibilidade coa incorporación dun ascensor. Coa optimización de espazos conséguese ampliar o ximnasio e o SPA, abrir un novo vaso na piscina para os cativos, e unha sala de usos múltiples. Todas estas melloras van acompañadas da correspondente renovación das instalacións e equipos, e dunha mellora estética do edificio e do entorno.
    Este ambicioso proxecto permitirá a modernización e renovación total dun equipamento municipal dándolle unha segunda vida, como sucede no caso do pavillón municipal da Sangriña. Neste caso as instalacións da piscina, ademais de ser moi importante para a práctica para o deporte, tamén son un recurso para o mantemento e mellora da saúde.

    Tag:A Guarda, eficiencia enerxetica, piscina munciipal, reforma

    • Share:
    prensa

    Previous post

    O Concello da Guarda desminte ao xerente do camping Santa Tecla das acusacións de responsabilidade pola inundación nas súas instalacións
    24 November, 2022

    Next post

    A Guarda celebra a Semana Europea da redución de residuos
    25 November, 2022

    You may also like

    • A Guarda inicia os preparativos da XIV Gala do Deporte 2023
      31 January, 2023
    • A Guarda inaugura o Pavillón Municipal da Sangriña
      30 January, 2023
    • Inscricións abertas para a Carreira de Entroido 2023 na Guarda
      Inscricións abertas para a Carreira de Entroido 2023 na Guarda
      30 January, 2023

    Leave A Reply Cancel reply

    Your email address will not be published. Required fields are marked *

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Cookies policy
    • Privacy Policy