O Concello felicita a María González Portela polo seu 100 aniversario
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Servizos Sociais, Mª Teresa Vicente, visitaron na tarde do venres, 13 de novembro, na súa vivenda a María González Portela para felicitala no seu 100 aniversario.
Na casa, a homenaxeada, atopábase acompañada polas súas fillas, netas e tamén bisnetas.
Nesta data tan sinalada o Concello da Guarda fixo entrega a María González dunha placa conmemorativa do seu aniversario, un ramo de flores e unha torta onde soprar as velas.
Antonio Lomba e Teresa Vicente despedíronse de María e da súa familia esperándose ver o ano próximo para celebrar o 101 aniversario.