O Consello Climático Xuvenil da Guarda organiza unha actividade polo día Mundial da Educación Ambiental
O vindeiro xoves día 26 de xaneiro, con motivo do Día Mundial da Educación Ambiental, o Consello Climático Xuvenil da Guarda organiza unha actividade aproveitando a Exposición “O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción”, que actualmente se atopa no Concello da Guarda.
A actividade consistirá en realizar un panel de ideas e reflexións que realicen as persoas participantes en base á exposición para logo abrir un pequeno debate, tratando así tratar de obter trazos que traten de encamiñar a elaboración dunha guía de prácticas medioambientais que melloren a nosa contorna.
Esta acción terá lugar o vindeiro xoves día 26 de xaneiro ás 19:00h na Casa dos Alonso.