O espectáculo “4.0” invita á reflexión sobre a maternidade na Guarda
O Concello da Guarda xunto co Centro de Información da Muller (CIM) preparan unha programación especial para este 8-M, Día Internacional da Muller.
O sábado 7 de marzo, a Praza do Reló acollerá o espectáculo “4.0” de Sue Moreno ás 18:00 horas. Trátase dun espectáculo que fusiona técnicas aéreas de circo (teas e aro) con teatro, danza e música, e cun ton de humor.
A historia sitúa a unha muller no seu día a día, intentando conciliar o seu traballo coa súa maternidade, mostrando as diferentes caras desta etapa desde unha ollada divertida, tenra, emocionante e, ás veces, absurda.
Ao día seguinte, teremos no Centro Cultural da Guarda acollerá a obra de teatro “Á luz do día, nalgún lugar do mundo, a algunha muller” a partir das 19:00 horas. Como parte deste programa do Día Internacional da Muller, desenvólvense diferentes obradoiros para mulleres na nosa vila. Esta semana deu comezo o obradoiro de canto “Con voz propia” que busca explorar novas maneiras de cantar e bailar en liberdade. A próxima semana comezará o obradoiro “Quérome, cóidome”para aumentar a autoestima, ademais de compartir experiencias entre mulleres.



