O I Gran Premio Ciclista das Festas do Monte darán comezo ás festas máis esperadas da Guarda
As Festas do Monte 2024 recuperan once anos despois a proba ciclista para arrancar a semana chea de celebración, festa, tradición e tamén moitas actividades e deporte.
O I Gran Premio Ciclista Festas do Monte terá lugar o sábado 3 de agosto, cun recorrido urbano de 1,1 km. A zona da Sangriña será a gran protagonista, pois alí instalarase a o punto de saída e de meta.
Ademais, o circuíto dará a volta ás instalacións da Sangriña ata o Centro de Saúde da Guarda. Hai diferentes categorías que se celebrarán ao longo da tarde: promesas, principiantes, alevíns, infantís cadete, júniors, féminas e máster.
A partir das 15:00 horas deste sábado, arrancan as Festas do Monte co I Gran Premio Ciclista que xa conta con máis de 150 inscritos.