O INCENDIO DO DÍA DO MONTE NON TIVO CONSECUENCIAS
O Concello da Guarda agradece a colaboración cidadá na extinción.
O Concello da Guarda agradece a exemplar colaboración cidadá na rápida extinción do incendio que se produciu no monte Santa Trega nun día tan sinalado coma o Domingo do Monte.
A rápida intervención do GES da Guarda, da Policía Local da Guarda e de Tomiño, da Garda Civil e do persoal e medios de emerxencias da Xunta de Galicia, permitiron que a romaría do Monte puidese transcorrer sen maiores sobresaltos e continuar coa celebración do día máis grande das nosas Festas.