O Monte Santa Trega acolleu a actividade “Baños de natureza”
- Celebrouse na mañá do pasado domingo día 9 de xullo no Monte Santa Trega da Guarda.
O Concello da Guarda acolleu na mañá do domingo día 9 de xullo unha das actividades enmarcadas na terceira edición do ciclo “Sostendo o Futuro”, realizadas coa finalidade de tomar conciencia en torno aos valores de sostebilidade e coidado da nosa contorna.
Neste caso realizouse a actividade “Baños de Natureza” no Monte Santa Trega, unha estancia no bosque para coñecer e profundizar na nosa conexión coa natureza con axuda dos 5 sentidos. Experimentar o equilibrio e benestar co que nos agasalla o canto dun paxaro ou a suavidade do vento. Exercicios que estimularon os sentidos mentres se fixo o camiño, así como coñecementos sobre plantas e árbores e da natureza en xeral.
Os participantes saíron dende a Casa Forestal do Monte Santa Trega para percorrer diferentes espazos e camiños ao longo das preto de dúas horas que durou esta actividade.