O pleno da Corporación Municipal da Guarda aproba os festivos locais para o ano 2019
O pasado 28 de setembro celebrouse a sesión ordinaria do pleno da corporación local na que se declararon os festivos locais para o ano 2019, sendo elixidos os días 16 de xullo (Festividade da Virxe do Carme) e 23 de setembro (Festividade de Santa Trega).
O Concello da Guarda, continúa co criterio de poñer coma festividades locais aquelas festas con forte arraigo no municipio, coma é o caso da Romaría de Santa Trega e a Festividade da Virxe do Carme.