(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Turismo

    • Home
    • Turismo
    • O pregoeiro Tino Baz e a cociñeira Chus Castro brillaron con luz propia na XIII Festa do Peixe Espada da Guarda

    O pregoeiro Tino Baz e a cociñeira Chus Castro brillaron con luz propia na XIII Festa do Peixe Espada da Guarda

    • Posted by Concello
    • Categories Turismo
    • Date 1 August, 2016

    A última fin de semana de xullo tivo un sabor moi especial na Guarda. Tras unha ausencia que se prolongou durante 9 anos, volveu á vila unha das súas festas gastronómicas máis recoñecidas, a Festa do Peixe Espada. Esta foi a XIII edición da celebración organizada por OR.PA.GU en colaboración co Concello da Guarda.

    A última fin de semana de xullo tivo un sabor moi especial na Guarda. Tras unha ausencia que se prolongou durante 9 anos, volveu á vila unha das súas festas gastronómicas máis recoñecidas, a Festa do Peixe Espada. Esta foi a XIII edición da celebración organizada por OR.PA.GU en colaboración co Concello da Guarda.

     

    A festa comezou o sábado da mellor maneira posible, cun pregón á altura da importancia dun día tan especial para a localidade, que foi ofrecido polo cantautor guardés Tino Baz, recoñecido e admirado entre os seus veciños e veciñas, pero tamén no resto da xeografía galega. Este foi precedido pola intervención do alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, quen se encargou de dar a benvida á festa, cunhas verbas adicadas á importancia dos palangreiros e un especial agradecemento a OR.PA.GU. polo traballo de visibilización da flota guardesa, que supón o 40% da flota nacional do peixe espada.

     

    A continuación presentou ó pregoeiro, quen fixo unha espectacular entrada á carpa do Porto da Guarda, tocando a gaita ata chegar o escenario, entre os aplausos dos asistentes. No discurso que ofreceu, coa súa potente e característica voz, quixo destacar o valor gastronómico e nutricional do peixe espada, o emperador dos mares como o definiu, e a importancia de que unha festa como esta tamén aposte pola cultura, a conciencia, a música e a creatividade. Todo isto, afirmou, se pode ver nesta celebración a través do XIII Concurso de carteis “Festa do Peixe Espada” e do I Concurso literario infantil “Homes e mulleres do mar”, cuxos premios se entregaron tras o propio o pregón.

     

    Ese mesmo sábado día 30 tamén se puido desfrutar da actuación de música tradicional de “Fuscalho”, da actuación do grupo Ángel América (ex-vocalista da orquestra América) e da segunda proba do I Campionato Galego de Slalom Integrador.

     

    Xa no segundo día deste vento, o domingo 31 de xullo, a principal protagonista da xornada foi a cociñeira Chus Castro do Restaurante Bitadorna, que leva 23 anos atendendo ó público na Guarda e 6 co establecemento do mesmo nome que abriron en Vigo. A cociñeira guardesa fixo unha demostración en vivo e directo de como se pode preparar o peixe espada de diferentes xeitos, demostrando a versatibilidade deste produto. Nesta masterclass preparou cinco pratos no escenario, en directo e amosando a todos os que se atopaban como realizalos paso a paso. O primeiro foi un tartar, a continuación, cunha preparación similar fixo unha receita moi diferente e das que máis gustou o público: unhas sorprendentes hamburguesas de peixe espada con sésamo. A orixinalidade foi a tónica común dos pratos alí mostrados, que se completaron cun tataki, un carpacho aliñado con alioli de soia e salsa de allo negro e por últimos uns tacos de peixe espada con doce de piña.

     

    Rematou así esta mostra na que se puido comprobar a destreza dunha das cociñeiras máis destacadas da Comarca do Baixo Miño e de toda Galicia, cuxo Restaurante da Guarda foi recoñecido como unha das mellores marisquerías de toda España para o cal o segredo, afirma, é manter a calidade a pesar da dificultade dos tempos e ofrecer unha combinación de marisquería, cociña creativa e artesá na que se fagan cousas sinxelas que potencien o sabor dos produtos utilizados sen escondelos.

     

    Ademais, durante toda a fin de semana tivo lugar na carpa do Porto da Guarda o IV Máster Nacional de Futbolín, houbo diferentes actividades para os nenos e nenas e, por suposto, se puido desfrutar o peixe espada en todas as súas variedades: á prancha, en empanada, en forma de croquetas, en salpicón, etc.

     

    De toda esta oferta de actividades lúdicas e culturais puideron desfrutar os centos de visitantes que se achegaron este sábado e domingo á Guarda para rematar o mes de xullo degustando un dos peixes máis sabrosos da nosa gastronomía nunha contorna incomparable como a que ofrece a vila da Guarda. 

    • Share:
    Concello

    Previous post

    Actividades DepoRÚARTE 2016
    1 August, 2016

    Next post

    Uns desaprensivos rouban os columpios das Loucenzas
    6 October, 2016

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy