(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Muller

    • Home
    • Muller
    • O programa “MULLERES EN ACCIÓN. VIOLENCIA ZERO” chega á Guarda de mans da artista Ana Arregui

    O programa “MULLERES EN ACCIÓN. VIOLENCIA ZERO” chega á Guarda de mans da artista Ana Arregui

    • Posted by Informática A Guarda
    • Categories Muller
    • Date 20 June, 2017

    Esta iniciativa da Deputación de Pontevedra pretende convidar á sociedade á reflexión sobre  as agresións machistas e fomentar unha actitude crítica fronte e esta lacra

    A deputada provincial, Montse Magallanes, acompañada polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, asistirá mañá mércores 21 de xuño, ás 11:30 horas na Praza do Reló, a unha nova intervención artística organizada polo programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero”, do servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra, que ten por obxectivo darlle visibilidade á loita contra a lacra machista así como dar a coñecer o traballo de novas artistas contemporáneas galegas que están a traballar a prol da igualdade.

    Nesta ocasión, a encargada da acción será a artista sevillana Ana Arregui, un referente a nivel estatal, que a través dunha acción pictórica reflexionará sobre as causas da violencia e da discriminación xeradas polo pensamento biolóxico e social da supremacía masculina e a debilidade feminina.

    Ana Arregui nace en 1983 en Osuna (Sevilla), aínda que actualmente reside en Madrid. É licenciada en Belas Artes pola Universidade Politécnica de Valencia (UPV) en 2008, cun Máster en Produción Artística, especialidade Arte e Tecnoloxía, cursado tamén na UPV, en 2010. É unha artista multidisciplinar e investigadora. Entre os seus últimos proxectos expositivos destacan No autorretrato (The Trial Project, We Are Fair, Madrid, 2016) e Arqueolejías. Identidades líquidas (Se Alquila/Público, Madrid, 2015). En 2014 participou no programa da feira Cuarto Público en Santiago de Compostela e foi unha das artistas seleccionadas en EstudioAberto#3, Residencias Artísticas (Rede Museística da Deputación de Lugo).

    Esta iniciativa da Deputación de Pontevedra reúne o traballo de 25 artistas, especializadas en diferentes modalidades como son a pintura, a música, a danza, o teatro, a poesía, o graffiti ou a performance, vinculadas todas elas pola vontade de ofrecer na súa obra un firme discurso en favor da igualdade de xénero.

    Esta edición do programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero”, que deu comezo de novembro do ano pasado en conmemoración do Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller, ten previsto recalar ó longo do ano en 25 concellos de toda a provincia (Vigo, Pontevedra, Marín, Tomiño, Cambados, Ponteareas, Nigrán, Vila de Cruces, O Porriño, Cuntis, Bueu, Salvaterra de Miño, Soutomaior, Poio, O Grove, A Guarda, Baiona, Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, Cangas, A Estrada, Silleda, Salceda de Caselas, Meaño e Tui).

    As actividades programadas pola Deputación de Pontevedra funcionarán como arma de visibilización e de reflexión, para promover una sociedade igualitaria entre homes e mulleres, sen discriminación nin violencia, cos mesmos dereitos e deberes. Estas accións foron organizadas en colaboración conxunta cos concellos participantes e co apoio de asociacións de loita pola igualdade de xénero.

     

    • Share:
    Informática A Guarda

    Previous post

    Horario semanal do ferry A Guarda – Caminha ata o domingo 25 de xuño
    20 June, 2017

    Next post

    O sorteo de TAPEARTE 2017 trasladase para o xoves 6 de xullo
    21 June, 2017

    You may also like

    • A Guarda trae o documental “Prefiro condenarme” con motivo do 25N
      10 November, 2025
    • O Concello organiza un obradoiro para conectar co corpo e co movemento
      21 October, 2025
    • A Guarda Diversa trae actividades para que todas as idades celebren a diversidade LGTBIQA
      24 June, 2025

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy