O programa TocaMúsica leva a música ao porto con Pacheco Bros
Este xoves 25, aproveitando o festivo, o programa TocaMúsica trae unha nova cita musical.
Pacheco Bros deleitarannos con clásicos de pop, rock, blues e soul. Pacheco Bros trátase dun dúo formado polos irmáns Javi e Diego, neste caso Javi vén acompañado por Lucas Fernández.
A cita musical comezará este xoves 25 ás 22:00 horas na rúa do Porto.