O sábado 19 de outubro grábase o programa especial da Guarda de ‘Gente viajera’ de Onda Cero
“Gente Viajera”, programa de Onda Cero a nivel nacional, realizará o seu programa do sábado desde o Concello da Guarda.
Carles Lamelo e o seu equipo darán a coñecer a nosa vila a todos os oíntes e no que haberá entrevistas dos temas máis destacados a nivel turístico como o Monte Santa Trega, a Asociación Piueiro, a Festa da Langosta ou festivais xa recoñecidos como Mar de Blues e Galifornia.
O alcalde, Roberto Carrero, tamén participará no programa ofrecendo unha panorámica xeral do turismo na Guarda como destino patrimonial, de natureza e gastronómica, facendo fincapé no noso camiño a Santiago. Ademais, resaltarase a aposta pola programación cultural e deportiva e o apoio as entidades e comisións para dispor dunha variada programación non só durante o verán.
Este programa especial emítese en directo desde a Casa dos Alonso de 12:00 a 14:00 horas. O programa estará aberto público ata completar o aforo.