O tenente de alcalde da Guarda reunirase este martes co Subtenente do Posto da Guardia Civil da Guarda
Mañá martes día 10 de setembro de 2019 o tenente de alcalde do Concello da Guarda, Anxo Baz, manterá unha reunión co Subtenente do Posto da Guarda Civil da Guarda, Elogio Rivas, para entre outros temas, tratar o recente incremento de furtos en establecementos comerciais na vila.
Deste xeito, Anxo Baz pedirá novamente un operativo de seguridade cidadán, para coordinar os corpos de seguridade de cara restaurar a tranquilidade e seguridade habitual da nosa vila.
A Guarda é un pobo tranquilo e seguro polo que precisamos tomar medidas en momentos puntuais coma este para garantir que o siga sendo e frear a acumulación de feitos delituosos.
Tag:A Guarda, anxo baz, guardia civil, Reunión, seguridade