ORPAGU organiza as súas X Xornadas internacionais de pesca para tratar as problemáticas actuais
Durante toda a mañá celebráronse no salón de plenos da Guarda as X Xornadas internacionais de pesca, organizadas por ORPAGU.
A temática deste ano versaba sobre o mercado e o consumo actual dos produtos pesqueiros. Para abrir estas xornadas contouse co presidente de ORPAGU, Joaquín Cadilla, o alcalde da Guarda, Roberto Carrero, e o conselleiro do Mar, Alfonso Villares.
Tras o saúdo inicial, as conferencias e ponencias xiraron arredor da baixada do consumo de peixe, das problemáticas de venda e comercialización e tamén sobre a venda das aletas soltas. Contouse con ponentes institucionais, mais tamén de asociacións e empresas destacadas no sector.
Finalmente, as xornadas pecháronse cunha degustación de produtos de ORPAGU.