Os alevíns do Sporting Guardés e os benxamíns da EDO ourensana, vencedores no Torneo de Nadal
O equipo alevín do Spórting Guardés e o benxamín das Escolas Deportivas de Ourense (EDO) proclamáronse vencedores do Trofeo de Nadal Concello da Guarda.
O pasado sábado 30 de decembro disputouse o I Torneo de Nadal Concello da Guarda, organizado polo club Sporting Guardés no campo municipal da Sangriña, no que participaron 14 equipos de fútbol do Baixo Miño, Val Miñor, Vigo e Ourense. Na categoría benxamín o equipo pertencente ás Escolas Deportivas de Ourense derrotou na final a UD Ribera. Na categoría alevín, foi o Sporting Guardés o que se proclamou vencedor tras superar ó equipo de Ourense na tanda de penaltis.
O Sporting Guardés distribuirá entre distintas asociacións da localidade os preto de 100 kg de alimentos recadados durante o torneo solidario.