OS ESCOLARES DA GUARDA SE INTERESAN POLO MEDIOAMBIENTE E INTENTAN CONCIENCIAR ÓS VECIÑOS DA LOCALIDADE
Os escolares do colexio As Solanas, ó igual que os alumnos de outros centros escolares da Guarda, con motivo do día Mundial do Medio Ambiente, visitaron o punto limpo, a depuradora ou o Muíño, có obxectivo de coñecer de cerca estes espazos e concienciarse da importancia que ten a reciclaxe.
Divididos por cursos, cada un dos grupos fixeron unha visita diferentes. Así, mentres os máis pequenos de Educación Infantil e de 1º e 2º de primaria estiveron no Muíño, os nenos e nenas de 3º y 4º visitaron a depuradora. Nesta visita os rapaces e rapazas puideron ver cal é a maneira de traballar e a complexidade coa que se limpan as augas, por exemplo, de lodos. Os traballadores da depuradora, xunto co Concelleiro de Servizos, Paulino Rodríguez, acompañaron ós escolares na visita e contáronlle, por exemplo, que á depuradora da Guarda chegan tamén as augas de O Rosal.
Dende a depuradora os rapaces dirixíronse á zona das Seixelas para xuntar todos os desperdicios que encontrasen en sacos que despois levarían ós contedores.
Pola súa banda, os rapaces de 5º e 6º de Primaria tiveron a oportunidade de visitar o punto limpo da Guarda, o único en toda Galicia que é sostible e eficiente. O concelleiro Paulino Rodríguez foi mostrándolles e explicándolles todos os residuos que alí se encontran. Desta maneira o concelleiro contoulles que os distintos plásticos teñen que ser separados, que as pilas son moi contaminantes polo que non se deben tirar nos contedores senón que hai que levalos ó punto limpo, a diferenza entre o vidro e o cristal ou o perigoso que é manipular algunhas bombillas ou os frigoríficos.
Na visita os nenos e nenas estiveron moi atentos e contáronlle ó concelleiro como eles reciclaban na súa escola, separando as pilas do cartón e tamén dos restos orgánicos.
Tras as visitas todos os cursos xuntáronse no Muíño, alí todos xuntos, deixaron unha embarcación cunha mensaxe medioambiental navegar polo río.
Estas visitas foron a última parte do traballos cós profesores das Solanas fixeron cos seus alumnos e alumnas xa que, durante varios días na escola, os rapaces e rapazas estiveron traballando en mensaxes nos que transmitir ós veciños e veciñas da Guarda maneiras de mellorar e coidar o medio ambiente.
Estas mensaxes decoran agora moitas das rúas da localidade, neles poden lerse por exemplo que se debe apagar a luz cando un se vai de casa, que se debe facer unha recollida selectiva do lixo ou cales son as especies invasoras.