(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • Os Festivais de Nadal e a lectura toman A Guarda dende hoxe a ata esta fin de semana

    Os Festivais de Nadal e a lectura toman A Guarda dende hoxe a ata esta fin de semana

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura, Deporte
    • Date 21 December, 2017

    Esta mesma tarde comeza a programación cultural guardesa de cara a fin de semana co primeiro dos Festivais de Nadal. A noite boa virá precedida por toda unha serie de actividades, principalmente musicais e de lectura, das que poderán gozar as veciñas, veciños e visitantes na nosa vila.

    O Centro Cultural acollerá esta tarde o Festival do Conservatorio Municipal a partir das 19:30 h. Os asistentes poderán gozar dun concerto no que participarán as alumnas e alumnos de preparatorio, educación auditiva e vocal, guitarra acústica e eléctrica, vento-madeira, violín, viola, piano e vento-metal, así como o grupo de gaitas e o Rockservatorio’s Band.

    O venres, a programación cultural continuará coa presentación do libro «Salcidos en branco e negro» ás 20:30 horas no Centro Cultural. Deseguido, proxectarase a película «O Pisco», ambientada na parroquia tomiñesa de Goián na época do estraperlo e gravada polo Grupo San Roquiño de Goián.

    O sábado será a quenda dos máis pequenos coa sesión de «Contos contados» especial de Nadal, na que as cativas e cativos poderán coñecer historias tradicionais destas datas da mans da ‘avoa’ Carmen Baz e o ‘avó’ Manual Cadilla, máis coñecido como «Maruxo», a partir das 11:30 h. Deseguido, poderán participar no obradoiro de decoración de Nadal, co que contribuirán á decoración da árbore que permanecerá na Biblioteca durante as festas

    As mañás de «Música na rúa» comezarán tamén o sábado, a partir das 11:00 horas, coa actuación do grupo O Trebón dos Xidos, que percorrerán as rúas coa súa música introducindo aos guardeses e guardesas no ambiente festivo propias destas datas.

    Xa ás 20:30 horas, os Festivais de Nadal continuarán co concerto de pandereteiras no Centro Cultural. Participan os grupos Arghaceiras do Muño e Caramuxiñas da Asociación Folklórica Vento Mareiro, as Palqueiras da Asociación Cultural Xamaraina, e os grupos Carainas, Coiro Vello e Tambaluca, así como o grupo de pandereteiras da Agrupación Cultural Guardesa.

    O deporte, coa celebración da tradicional carreira de San Silvestre, cerrará a fin de semana na Guarda. A proba, organizada pola Sociedade Atlética  do Trega, comezará á partir das 10:30 horas no Porto guardés e admitirá inscricións ata mañá no correo electrónico trega@trega.es. A participación está aberta a corredores e corredoras de todas a idades, e a distancia do percorrido (de 100 m a 10 km) dependerá da categoría á que se pertenza.

      Tag:Biblioteca Municipal, Carreira San Silvestre, Concerto, Conservatorio, Contos contados, Deporte, Lectura, libro, Música, Nadal, O Pisco, Pandereteira, Salcidos

      • Share:
      prensa

      Previous post

      O Centro Cultural acollerá dúas novas obras de teatro antes de finalizar o ano
      21 December, 2017

      Next post

      Baloncesto, fútbol e unha carreira popular: A Guarda celebra o Nadal tamén con deporte
      22 December, 2017

      You may also like

      • O Centro Cultural acolle a estrea da película amateur “Héroes del medallón”
        22 May, 2025
      • O alumnado do CEIP As Solanas ofrece un contacontos moi especial este sábado
        20 May, 2025
      • A película “Honeymoon” chega á Guarda para iniciar o ciclo de cinema “made in Galicia”
        19 May, 2025

      Search

      Categories

      • General
      • Highways and works
      • Tourism
      • Uncategorized
      • Women

      Rebulindo

      • Móvete (Actividade física)
      • Lemos Xuntos?
      • Dalle ó Play
      • Coñece a vila!
      • A vida é xogo
      • Acion (Formación)
      Logo Concello de A Guarda

      (+34) 986 610 000

      (+34) 986 610 283

      alcaldia@aguarda.es

      MOBILE APP

      You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

      A Guarda IOS application
      A Guarda Android application

      Council

      • Write to the Mayor
      • Schedules of Interest
      • Sede Electrónica

      Información

      • Associations and Groups
      • Phones of interest
      • Emergency Pharmacy

      Recommended

      • Events
      • News

      © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

      • Legal notice
      • Cookies policy
      • Privacy Policy