Os Quinquilláns retoman as visitas teatralizadas na Guarda
• A Compañía teatral Os Quinquilláns repiten as visitas teatralizadas despois do grande éxito acadado no verán de 2019, neste caso visitarán o Castro de Santa Trega todos os mércores
O Concello da Guarda repite a experiencia das visitas teatralizadas despois do grande éxito acadado no verán de 2019, a cargo da Compañía de teatro Os Quinquilláns. Cada mércores deste verán entre o 15 de xullo e o 26 de agosto, dous personaxes peculiares visitarán o Castro de Santa Trega, nunha actividade que pretende sorprender a todos os asistentes.
Estas visitas teatralizadas forman parte do programa O Camiño Aguárdate, que dentro da convocatoria O Teu Xacobeo busca a divulgación dos valores patrimoniais entorno ó camiño de Santiago. A compañía Os Quinquilláns, será a encargada de realizar esta actividade que nos transporta a época mais tardía do Castro da man da primeira muller peregrina, Exeria, quen trouxo ata a Península Ibérica o culto a Santa Trega. As visitas teatralizadas misturan a creatividade teatral, a divulgación dos valores patrimoniais entorno ó camiño e a revalorización da peregrinaxe coma forma diferente de viaxar.
O aforo de cada visita está limitado a 25 persoas, sendo obrigatorio o uso de mascarilla de protección.
Se queres acompañalos inscríbete neste formulario, indicando os teus datos.
https://forms.gle/FszaE4ocSLBGqJQZ6