Pellets de plástico, vixilancia e inspeccións diarias nas costas da Guarda
Debido as noticias que estamos tendo estes días sobre a situación que se esta a vivir noutros concellos costeiros coa problemática dos pellets de plástico do barcco “Toconao”. Dende o concello queremos comunicarlle as veciñas e veciños que o Grupo de emerxencias Supramunicipais da Guarda (GES) e outros organismos están en continua vixilancia e inspección das nosos costas, facendo inspeccións diarias. Ata o de agora a aparición de pellets nas nosas costas é moi insignificante aparecendo ao redor de 30 pellets, pero estamos pendentes de como poida evolucionar a situación.
Pedimos que se alguén ve algo nas nosas praias que teñan a ben avisar o 112 ou o GES da Guarda.