(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • Piueiro rescata a Feliciano Rolán ao impulsar a versión en galego do seu poemario “De mar a mar”

    Piueiro rescata a Feliciano Rolán ao impulsar a versión en galego do seu poemario “De mar a mar”

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura
    • Date 27 March, 2023
    • Comments 0 comment
    Piueiro rescata a Feliciano Rolán ao impulsar a versión en galego do seu poemario “De mar a mar”
    • Presentación o sábado día 1 de abril ás 12:00h nos Xardíns de Feliciano Rolán(Centro de Saúde).

     

    Cando van a cumprirse seis anos dende a súa fundación na Guarda, a Asociación Cultural Piueiro organiza xunto co Concello da Guarda o vindeiro sábado día 1 de abril  a presentación da publicación en galego do poemario “De mar a mar “, libro do escritor Feliciano Rolán (Vigo, 1907 – A Guarda 1935) editado orixinariamente en Madrid no ano 1934.

    No acto deste sábado, que terá lugar ás 12:00h nos xardíns Feliciano Rolán da Guarda(Centro de Saúde), contarase coa presenza do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; da Concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes; do poeta e profesor Anxo Angueira; Gregorio Ferreiro Fente; o secretario de Piueiro, Celso R. Fariñas; o Presidente de Piueiro, Joaquín Cadilla, e outros convidados.

    Anxo Angueira foi o encargado de facer a tradución ao galego duns poemas que, no seu día, mereceron o eloxio de autores como Juan Ramón Jiménez, Federico García Lorca, Álvaro Cunqueiro ou Luis Seoane. A editorial Alvarellos, pola súa parte, deu un espazo preferente na súa colección “Rescate”, onde Rolán coincide con Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Vicente Risco ou Álvaro Cunqueiro.

    O poemario “De mar a mar. Poemas 1932-1933”, que quedou relativamente relegado trala prematura morte do seu autor aos 27 anos, foi unha referencia para os membros da asociación guardesa, que sempre traballaron para difundir a obra, breve pero intensa, de Feliciano Rolán. E, concretamente, este libro de temática marítima, que casa tan ben co lugar onde viviu e, tristemente, faleceu o poeta.

    A edición está especialmente coidada, xa  que aos poemas nos dous  idiomas une máis material de interese para o futuro lector.  Así, Gregorio Ferreiro Fente aporta un ensaio que clarifica a obra de Rolán, aportándose imaxes, manuscritos e debuxos inéditos. Ademais, Celso Fariñas desgrana a biografía literaria do autor, que remata de entenderse na súa totalidade cos testemuños de Ricardo Carballo Calero e Carlos Martínez-Barbeito, quen coñeceron a poeta que é arestora homenaxeado.

    *En caso de choiva o acto terá lugar na Casa dos Alonso.

    Tag:A Guarda, cultura, De mar a mar, Feliciano Rolán, piueiro

    • Share:
    prensa

    Previous post

    Listaxe de admitidos/as nos obradoiros de conciliación durante Semana Santa e prazo extraordinario para cobertura de prazas vacantes
    27 March, 2023

    Next post

    Convocatoria de Pleno ordinario este venres día 31 de marzo de 2023
    28 March, 2023

    You may also like

    • A Guarda acolle a Festa das Mercedes na Gándara do 2 ao 24 de setembro
      A Guarda acolle a Festa das Mercedes na Gándara do 2 ao 24 de setembro
      23 August, 2023
    • Inaugurada a Exposición “Fotografía Viva” na Casa dos Alonso da Guarda
      Inaugurada a Exposición “Fotografía Viva” na Casa dos Alonso da Guarda
      21 August, 2023
    • Roi Casal presenta o seu novo espectáculo, Ambos Mundos, na Guarda
      18 August, 2023

    Leave A Reply Cancel reply

    Your email address will not be published. Required fields are marked *

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Cookies policy
    • Privacy Policy