Proceso extraordinario para cubrir prazas na Escola Infantil Municipal da Guarda
O Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa da apertura dun proceso extraordinario para cubrir varias prazas na Escola Infantil Municipal
Prazas vacantes:
– Aula de 0-1 anos: 1 praza a xornada completa e 2 prazas a xornada de tarde
– Aula de 1-2 anos: 1 praza a xornada de tarde
– Aula 2-3 anos: 2 prazas a xornada de tarde
Os pais/nais ou titores dos nenos/as interesados deberán presentar a solicitude do 26 de xaneiro ao 1 de febreiro.
Para maior información dirixirse o Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda en horario de 9.00 a 14.00 h. no 986 61 4507.
Tag:A Guarda, Escola infantil, Gardería, prazas