Programa Galego de detección do cancro de mama
O Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia en colaboración coa AECC, inicia a súa campaña en A Guarda o día 25 de maio de 2021.
Consiste na realización gratuíta de mamografías a todalas señoras de entre 50 e 69 anos do noso concello.
As mamografías faranse na Unidade Fixa de Exploración que agora está situada no Hospital do Meixoeiro, Consultas externas planta -1 en Vigo.
Mediante unha carta comunicaráselle o día, hora e lugar o que teñen que acudir.
Se chegado o mes de xullo non recibise a carta, poden chamar ao telefono 981 141 414, onde lles darán unha cita.