Queiman Folki trae unha tarde de bruxas, queimada e lendas
O sábado 24 de agosto, chega co programa +Música da Deputación de Pontevedra, o espectáculo Queiman Folki ao Auditorio de San Benito da Guarda.
A través da queimada máis especial, transmitirán a historia a través das lendas da nosa cultura atlántica, e a da nosa Terra Galega. Rescatar a esencia e sabedoría dunhas culturas esquecidas e ocultas no tempo, o seu contacto coa natureza, os seus símbolos sacros, as súas lendas e tradicións. Proporcionar ao público un espectáculo dinámico, ameno, visual, interactivo, pleno de sentimento e enerxía.
A escuridade da noite, dá paso ao ritual… rompe o silencio para invocar aos espíritos e librarnos de todo mal, a través da cerimonia da queimada.
Todo este ritual acontecerá a partir das 21:00 horas, o sábado 24 de agosto.