Reapertura do paso fronterizo entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira
A partires do luns día 15, abrirase a circulación nos pasos que comunican Salvaterra do Miño con Monçao; Tomiño con Vilanova de Cerveira, e Arbo con Melgaço, de luns a venres en horario de 8 a 22 horas
O delegado do Goberno en Galicia informa da apertura de tres novos pasos fronteirizos entre Galicia e Portugal a partires do próximo luns. Así, dende o día 15 restablecerase a circulación, de luns a venres entre as 8 e as 22 horas, nos municipios de Arbo con Melgaço; Salvaterra do Miño con Monçao, e Tomiño con Vilanova de Cerveira.
Con esta acción, continúa o proceso de desescalada e o avance cara á nova normalidade que permitirá recuperar os fluxos de tráfico e a convivencia entre os veciños dos municipios fronteirizos de Galicia e Portugal.
Sempre dentro dos protocolos de seguridade e atendendo ás medidas adoptadas por cada país, garantindo a saúde das persoas.
Os pasos fronteirizos que reabren é para o tránsito das persoas autorizadas: traballadores, sanitarios, causas xustificadas. O público en xeral non pode circular libremente ata que se abran as fronteiras entre países.
Tag:A Guarda, baixo miño, desescalada, Mobilidade, Portugal