Recicla a túa roupa nos contedores de reciclaxe téxtil
Co comezo do curso e do outono toca cambio de armario, reciclar a roupa é o mellor que podedes facer.
- Deposita os téxtiles usados nos contedores adecuados.
- Reutilización e reciclaxe. Dase unha nova vida á roupa reutilizable e transfórmase o resto en recursos valiosos.
- Xestión responsable. Os materiais que non se poden reciclar manéxanse co máximo coidado para minimizar o impacto ambiental.
- Que podes aportar? Roupa de vestir, roupa de fogar, calzado, bolsos e complementos (gorros, bufandas, gravatas, luvas..).
- Como depositar a roupa no contedor? Debe ser en bolsas pechadas para conservar mellor a roupa e facilitar a recollida.
- Localiza os contedores. Encontra os pontos de reciclaxe na Guarda. Podes localizalos na ligazón de Google Maps: http://www.texlimca.com/mapa/mapa.php?p=A%20GUARDA&t=1
Cada paso axuda a fomentar un consumo máis consciente e a fortalecer a misión de reducir residuos e promover a sostibilidade.