Remata o calendario de andainas de outono 2019 na Guarda
O Concello da Guarda e a Cámara Municipal de Caminha continúan ofertando actividades deportivas conxuntas cun calendario de andainas outono, no que se incluíron un total de 3 novas andainas e, que remataron o pasado sábado co Roteiro polos muíños dos ríos do Couso (Gondomar), unha ruta circular de 12km de dificultade baixa.
Os participantes nesta última andaina do ano 2019 fixeron un percorrido polas beiras dos ríos Matalagartos e Couso que discorre xunto aos numerosos muíños da zona. A ruta atópase maioritariamente nun húmido e tupido bosque e malia que o tempo non acompañou moito, desfrutaron das paisaxes e da flora autóctona da zona.