Resolución do Concurso de Selfies #Viveaguarda
Hoxe, día 5 de setembro, deuse resolución o Concurso de Selfies #Viveaguarda que se levou a cabo no verán guardés. Este concurso estivo en funcionamento durante o verán e se trataba de dar visibilidade ó noso pobo a través dos selfies que a mocidade guardesa colga nas redes sociais.
Hoxe, día 5 de setembro, deuse resolución o Concurso de Selfies #Viveaguarda que se levou a cabo no verán guardés. Este concurso estivo en funcionamento durante o verán e se trataba de dar visibilidade ó noso pobo a través dos selfies que a mocidade guardesa colga nas redes sociais; xuntando así a cultura guardesa, as paisaxe e as novas tecnoloxías.
Hoxe o xurado formado por Vladimir Brey (Foto Verano), Patricia Alvarez (Estudante de Fotografia) e Alba Barbosa (Animadora sociocultural do Concello da Guarda), despois de valorar todos os traballos recibidos, deron por gañador ó selfie feito por Alejandro Pena da Guarda, ó que se lle fará entrega dun vale por unha cea para dúas persoas no Restaurante O Forte de A Guarda, quen colabora co Concello neste concurso.
Dende a Concellería de Xuventude queremos agradecer a todos os participantes as súas instantáneas e anunciamos que se volverán a realizar concursos de fotografía durante o ano, xa que creemos firmemente no bo traballo dos nosos xoves guardeses en canto á promoción e valor do seu pobo se refire.
Tamén queremos agradecer a colaboración do Restaurante O Forte e dos membros do xurado.
Un saúdo,
María Elena Baz
Concelleira de Cultura