Resultado definitivo da bolsa de auxiliares administrativos para o Concello da Guarda
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA POLA QUE SE APROBA A LISTA DEFINITIVA DE ASPIRANTES QUE SUPERARON O PROCESO SELECTIVO PARA A FORMACIÓN DUNHA LISTA DE RESERVA PARA A PROVISIÓN INTERINA DE PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO DE ADMINISTRACIÓN XERAL.
Aprobadas mediante Decreto 701/2017, de 18 de setembro, as bases reguladoras do proceso selectivo para a formación dunha lista de reserva para a provisión interina de prazas de auxiliar administrativo de Administración Xeral, encadradas no grupo C, subgrupo C-2, rematado o proceso selectivo e finalizado o prazo para presentar reclamacións á lista definitiva proposta polo tribunal cualificador, de conformidade coas bases da convocatoria,
RESOLVO:
PRIMEIRO.- Tal e como establece o artigo 10 das bases do proceso selectivo, aprobo a seguinte lista de reserva definitiva de aspirantes que superaron o proceso selectivo e na mesma orde que se indica:
SEGUNDO.- Tal e como establece o artigo 10 das bases, esta lista terá unha duración de tres anos ou de menos no caso de que houbese un novo proceso selectivo para a cobertura destas prazas, momento a partir do que esta lista deixaría de ter vixencia.
TERCEIRO.- O funcionamento da lista ven establecido no artigo 11 e 12 das bases do proceso selectivo.
CUARTO.- Publicar esta resolución no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica.