Roi Casal presenta o seu novo espectáculo, Ambos Mundos, na Guarda
O intérprete e compositor Roi Casal levará ata A Guarda o seu novo espectáculo Ambos Mundos, dentro do ciclo de concerto do Xacobeo.
O concerto será o sábado 19 de Agosto, e porá en escena os recentes singles producidos en EEUU xunto cunha selección dos seus temas clásicos
Tras 6 tempadas de éxitos coa xira Son galego, Son cubano, Roi Casal confirma que o seu novo repertorio estará conformado polos temas máis actuais, xunto a outras cancións que van dende os ritmos latinos das súas últimas xiras ao estilo pop máis puro dos seus inicios.
Verán a luz temas como “Xunto a ti”, o primeiro dos singles de Ambos Mundos que conta coa produción de Charly Rodgarman (productor de orixe galega afincado en EEUU). A canción foi gravada en Los Ángeles (California) no mes de decembro e conta cun videoclip realizado en distintas localizacións de Galicia.
O concerto será na Alameda o sábado 19 de Agosto ás 22:30h, promovido polo Concello da Guarda co patrocinio da Xunta de Galicia a través dos concertosdoxacobeo.gal e a entrada será libre.
Tag:cultura