O Concello da Guarda e Viaxes Eroski organizan unha saída ao Courel o 12 e 13 de maio
O Concello da Guarda e Viaxes Eroski organizan unha nova fin de semana no Courel os próximos días 12 e 13 de maio, con dúas saídas para gozar da riqueza natural e paisaxística desta Serra luguesa.
Tras a boa acollida que esta actividade tivo o pasado ano, os organizadores repetirán os percorridos pola Serra do Courel, nas que se incluirá o desprazamento (ida e volta) en autocar e pensión completa nun aloxamento rural. O prezo estimado da viaxe é de 89€ por persoa.
A saída cara o Courel será o día 12 de maio ás 8:00 horas, namentres o regreso será o domingo, previsiblemente, ás 20:00 horas. As prazas son limitadas e as persoas interesadas deberán inscribirse entre o 2 e o 6 de maio presencialmente na Oficina Municipal de Turismo (de 9 a 14 h de luns a venres), chamando ao teléfono 986 61 45 46 pu a través do correo electrónico turismo@aguarda.es.