(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Xerais

    • Home
    • Xerais
    • Sea acorda cos concellos do Rosal e A Guarda avanzar no estudo dun polígono compartido que atraia investimentos de Galicia e Portugal

    Sea acorda cos concellos do Rosal e A Guarda avanzar no estudo dun polígono compartido que atraia investimentos de Galicia e Portugal

    • Posted by prensa
    • Categories Xerais
    • Date 16 April, 2021

    A xerente de Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), Beatriz Sestayo, desprazouse á Guarda para analizar co alcalde desta localidade, Antonio Lomba, e coa rexedora do Rosal, Ánxela Fernández, as posibilidades de retomar o polígono supramunicipal

    A xerente de Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), Beatriz Sestayo, desprazouse este venres ao concello da Guarda para abordar conxuntamente co alcalde da localidade, Antonio Lomba, e a rexedora do Rosal, Ánxela Fernández, a posibilidade de retomar o estudo sobre o polígono industrial compartido entre ambos concellos que sirva de revulsivo económico á zona e permita atraer investimentos tanto de Galicia como do norte de Portugal.

    Despois das conversas mantidas previamente con ambos rexedores, este venres déronse importantes avances de colaboración institucional cara ao impulso do polígono de forma conxunta.

    Deste modo, SEA retomará o estudo do proxecto de solo industrial compartido, que se situaría na zona limítrofe entre ambas localidades, e que xa se comezara a ideas no ano 2004.

    Beatriz Sestayo recordou que Suelo Empresarial del Atlántico dispón xa do proxecto sectorial, elaborado en 2007, e que tan so terá que ser agora actualizado.

    Ademais, a entidade, dependente do Ministerio de Transportes, xa conta cunha parte importante dos terreos en propiedade. En concreto, posúe 45.000 metros cadrados dos 260.000 previstos que contemplaba o plan sectorial, a expensas do que determinen os conseguintes informes.

    O polígono situaríase nas parroquias de Gándara, en A Guarda, e da Cunchada, no Rosal, no límite entre ambos concellos.

    “Máximo esforzo” dende SEA

    Beatriz Sestayo puxo en valor a “magnífica” colaboración institucional establecida para recuperar un proxecto para o que comprometeu “todos os esforzos” para analizar a súa viabilidade.

    “É moi importante o asentamento poboacional, en lugares magníficos como este do Baixo Miño, e temos un proxecto que só hai que actualizar”, subliñou Beatriz Sestayo, que emprazou a todas as administracións a “comprometerse para que sirvamos de motor para crear emprego e, en definitiva, para mellorar a calidade de vida dos pobos de Galicia”.

    “Desde SEA comprometo o máximo esforzo para que este proxecto saia á luz, traballando co máximo rigor e buscar a implicación de todas as administracións, como a Xunta para a mellora da comunicación viaria con este polígono empresarial”, engadiu.

    Estudo conxunto de A Guarda e O Rosal

    Pola súa parte, os rexedores de A Guarda e O Rosal comprometéronse con SEA a encargar un estudo de viabilidade que reflicta a necesidade socio-económica de desenvolver esta área industrial. En paralelo, iniciarán os contactos co sector empresarial para coñecer e testar a demanda existente.

    Antonio Lomba lembrou a “inquedanza” no Baixo Miño por este polígono, como unha oportunidade de conseguir emprego na comarca, se ben as posibilidades ofrecidas previamente por parte doutras administracións, entre elas a Xunta, “non foron boas”.

    “Agora é a primeira vez que se abre esa posibilidade e isto fainos albergar esperanzas e esperamos que coa túa xestión, Beatriz, poidamos comezar traballar para sacar adiante este polígono”, destacou Antonio Lomba, que amosou o seu agradecemento persoal a Beatriz Sestayo.

    Pola súa parte, a alcaldesa do Rosal, que tamén agradeceu a colaboración da xerente de SEA, incidiu na importancia de impulsar este proxecto polo “propio asentamento poboacional no ámbito rural, unha aposta da SEA que inicia e que para nós é fundamental no Baixo Miño e tamén na posición estratéxica que temos no ámbito Porto-Vigo”, porque “temos que ter a capacidade de camiñar con Portugal”.

    Na reunión participaron tamén o director comercial de SEA, José Rey; Montserrat Magallanes, tenente de alcalde da Guarda; e Miguel Español, concelleiro de Obras. Tras a reunión no concello realizouse unha visita presencial aos terreos nos que se situaría o posible polígono.

    Suelo Empresarial del Atlántico

    Suelo Empresarial del Atlántico, S.L., S.M.E., é unha sociedade que está participada nun 83,44% polo Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, a través de Sepes; nun 15,91% pola Xunta de Galicia, e nun 1,65% por ABANCA e creada co obxectivo de desenvolver e comercializar parques empresariais en Galicia.

    Suelo Empresarial del Atlántico xestiona 13 parques empresariais en Galicia, que suman máis de 4 millóns de metros cadrados, situados nas provincias de Lugo (Monforte de Lemos, Mondoñedo, Chantada e Rábade), A Coruña (Malpica, Vimianzo, Cee, A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Muros e Rianxo) e Pontevedra (Vilanova de Arousa y Catoira).

    Tag:A Guarda, parque empresarial, SEA

    • Share:
    prensa

    Previous post

    Celebración do Día do Libro na Guarda con variadas propostas
    16 April, 2021

    Next post

    Primeira reunión de traballo coas persoas participantes no banco municipal de voluntariado
    16 April, 2021

    You may also like

    • A churrrería Santa Tecla súmase á venda en beneficio das Festas do Monte 2026
      1 April, 2026
    • A Guarda non terá citas para DNI e pasaporte ata maio
      31 March, 2026
    • O guardés Juan Collazo elaborará o seu sándwich finalista do concurso de Delikia para toda A Guarda
      29 March, 2026

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy