Semana Santa Concilia: apertura do prazo extraordinario para cubrir as prazas vacantes
Rematado o prazo de inscrición o día 11 de marzo e unha vez revisadas e publicada a listaxe de persoas admitidas, abrimos un prazo extraordinario para todas aquelas familias que necesiten solicitar unha praza na actividade Concilia Semana santa.
DATAS, HORARIO E LUGAR DE REALIZACIÓN DOS OBRADOIROS: Os obradoiros terán lugar os días 25, 26,27 de marzo e 1 de abril en horario de 9 a 14 horas. No caso de necesidade das familias, poderá facerse un horario de 8:30 a 14:30 (terá que especificarse na solicitude).
PARTICIPANTES: Para este procedemento as prazas ofertadas son 7. Recordamos que as crianzas deben contar con idades comprendidas entre os 3* e os 10 anos, empadroadas no concello da Guarda**
*As crianzas de 3 anos teñen que estar escolarizadas (4º de Educación Infantil)
**No caso de quedar prazas vacantes poderán participar crianzas doutros concellos.
No caso de adquirir praza e ter unha discapacidade ou patoloxía, presentarase informe do EVO e/ou informes complementarios da necesidade de apoio necesaria.
INSCRICIÓNS: Presencialmente no Rexistro do Concello da Guarda ou na sede electrónica (https://aguarda.sedelectronica.gal) durante os días 19 e 20 de marzo. No caso de presentación electrónica será preciso cubrir unha instancia xeral e achegar cuberta a ficha de inscrición que se pode atopar na web www.aguarda.es.
Tendo en conta a premura deste procemento polo comezo inmediato da actividade terase en conta a orde de entrada no rexistro para a obtención da praza.
O resultado será comunicado polo persoal da OMIX ás familias, elaborando tamén unha listaxe de reserva.
Máis información na OMIX do Concello da Guarda.