Semana Santa Concilia: O Concello da Guarda abre o prazo o día 11 de marzo para as actividades de Semana Santa 2024
Semana Santa Concilia é a proposta do Concello da Guarda para esta Semana Santa 2024. Estes obradoiros de ocio e tempo de lecer para crianzas son de carácter gratuito e teñen como obxectivo principal facilitar a conciliación da vida persoal e laboral no período non lectivo
DATAS, HORARIO E LUGAR DE REALIZACIÓN DOS OBRADOIROS: Os obradoiros terán lugar os días 25, 26,27 de marzo e 1 de abril en horario de 9 a 14 horas. No caso de necesidade das familias, poderá facerse un horario de 8:30 a 14:30 ( terá que especificarse na solicitude)
PARTICIPANTES: 30 crianzas con idades comprendidas entre os 3* e os 10 anos, empadroadas no concello da Guarda**
*As crianzas de 3 anos teñen que estar escolarizadas (4º de Educación Infantil)
**No caso de quedar prazas vacantes poderán participar crianzas doutros concellos.
No caso de adquirir praza e ter unha discapacidade ou patoloxía, presentarase informe do EVO e/ou informes complementarios da necesidade de apoio necesaria.
INSCRICIÓNS: Presencialmente no Rexistro do Concello da Guarda ou na sede electrónica (https://aguarda.sedelectronica.gal) desde o 11 e ata o 18 de marzo. No caso de presentación electrónica será preciso cubrir unha instancia xeral e achegar cuberta a ficha de inscrición que podedes descargar a continuación.
Se as inscricións superan o límite de prazas, realizarase un sorteo público o día 20 de marzo ás 10:00 h no Concello da Guarda
O listaxe de persoas admitidas será publicado na web do Concello e aparecerá codificado co número de rexistro da solicitude, polo que resulta importante conservar o comprobante da presentación da mesma.
Esta actividade está financiada con cargo aos créditos da Consellería de Promoción de Emprego e igualdade e polo Ministerio de Igualdade
Máis información en informacion@aguarda.es na OMIX ou no CIM do Concello da Guarda
DESCARGA AQUI A FOLLA DE INSCRICIÓN EN WORD
DESCARGA AQUÍ A FOLLA DE INSCRICIÓN EN PDF