Solaina presenta en A Guarda o seu primeiro libro ilustrado adicado ao público infantil “DEDAS”
- O sábado 2 de abril ás 12:00h terá lugar, na Biblioteca Municipal de A Guarda, a presentación e contacontos do libro DEDAS.
DEDAS é un conto ilustrado de 64 páxinas onde agroma a poesía en cada liña. Un libro evolutivo para nenos e nenas de 1 a 6 anos.
Trátase dunha historia fermosa na que se xoga coas repeticións para darlle musicalidade e na busca continua dun uso didáctico, as pequenas e pequenos aprenden a contar cales son os días da semana, os meses do ano… todo nunha liña de xogo con sorpresa, e acompañado por linguaxe de signos.
O Contacontos do día 2 estará impartido polas autoras do libro : Soledad García nos textos, Laine Villero a cargo das ilustracións e Natalia Guisande como deseñadora. As tres artistas conforman o proxecto Solaina, unha fusión de arte: palabras, pintura e deseño.
Para acudir á esta actividade é preciso anotarse previamente no Centro Cultural ou no teléfono 986611850, en horario de 16 a 21h
O Contacontos Dedas xa se representou nos Concellos de Nigrán, Baiona, Gondomar, O Rosal e o Centro Comercial A Ramallosa. Agora chega ata a Guarda para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil. Esta actividade, ademais de conmemorar esta efeméride constitúe o arranque da programación en torno ao Mes do Libro no Concello da Guarda, que agrupará ao logo do mes diferentes actividades en torno ao libro e á literatura.
Tag:A Guarda, contacontos, cultura, dedas, libro