Solicitadas as novas pasarenas para a praia do Muíño
A praia do Muíño sufriu importantes danos debido ás intensas e continuas chuvias do inverno e a primavera. Ademais a erosión provocada polo río Miño e as mareas é cada vez máis notable a simple vista.
Por iso, tras unha primeira intervención en abril, solicitouse ao Servizo Provincial de Costas de Pontevedra o permiso para o acondicionamento integral da praia e a colocación de dúas novas pasarenas.
As dúas pasarenas solicitadas pretenden facilitar o acceso á praia a todos e todas aqueles que queran desfrutar dela. Agardamos ter en breve o permiso para levar a cabo as actuacións pertinentes.