Sorpréndete este sábado co espectáculo de maxia ‘Etéreo’
O próximo sábado 5 de outubro traemos un espectáculo de maxia ao Centro Cultural, a partir das 18:00 horas.
Etéreo é a nova creación de Samuel Moreno, un mozo do Baixo Miño que xa mostrou a súa maxia por diferentes canles de televisión, así como vilas e festivais de España.
Etéreo é un espectáculo de maxia rompedor e participativo, onde todas as decisións tomadas polo público levarán a un final único en cada función. Este espectáculo non está recomendado para menores de 5 anos.
No espectáculo mestura humor, música e tecnoloxía á maxia para sorprender ao público e crear unha experiencia adaptada ao século XXI.