(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Educación

    • Home
    • Educación
    • «Tecnoimaxín» traerá á Guarda interesantes charlas e conferencias sobre emprego e formación

    «Tecnoimaxín» traerá á Guarda interesantes charlas e conferencias sobre emprego e formación

    • Posted by prensa
    • Categories Educación, Novas tecnoloxías, Xerais
    • Date 19 October, 2018
    A Guarda acolle os vindeiros 25, 26 e 27 de outubro unhas xornadas de formación, empregabilidade e tecnoloxía baixo o proxecto «Tecnoimaxín».

    A Casa dos Alonsos da Guarda acolle do 25 ao 27 de outubro as xornadas de formación, empregabilidade e tecnoloxía «Tecnoimaxín», que este ano contará con charlas e conferencias de especialistas do sector, que falarán sobre todas as novidades e as súas experiencias no mundo empresarial, amosando a todos os asistentes informacións relevantes para a posta en marcha de proxectos empresariais.

    O programa da Feira do Emprego e Formación «Tecnoimaxín» terá inicio na xornada do xoves 25 ás 10:00h, cun acto inaugural na Casa dos Alonsos no que se contará coa asistencia do Delegado da Zona Franca de Vigo, David Regades; o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a concelleira de Comercio, Montserrat Magallanes e demais convidados.

    Na tarde do xoves día 25 contarase cunha interesante charla sobre os proxectos que actualmente se realizan dende o Consorcio da Zona Franca de Vigo, contando con Débora Ramonde, Directora de Zona Franca e Explotación Inmobiliaria de Vigo, que a partires das 18:30h falará sobre os programas de apoio ao emprendemento «ViaGalicia» e tamén dos programas de apoio á internacionalización das Pymes «ViaExterior». Proxectos que contan cunha gran acollida e que teñen xa axudado a moitos emprendedores na creación de empresas e no seu salto ao mercado internacional.

    A continuación, dende ás 19:00h, Jaume Gurt, Director de Organización e Desenvolvemento de persoas Schibsted Spain, pechará esta primeira xornada cunha ponencia sobre «A felicidade nas novas organizacións». Jaume Gurt falará sobre como sobrevivir nos retos da era dixital, transformando a súa cultura, o seu estilo de liderazgo, a súa forma de organizarse, os seus procesos e ás propias persoas. Empoderandoas para poder ser as súas mellores versións individuais, dentro de equipos unidos e compenetrados que logran resultados excelentes.

    A Guarda acolle do 25 ao 27 de outubro as xornadas de formación, empregabilidade e tecnoloxía «Tecnoimaxín», que este ano contará con charlas e conferencias de especialistas do sector, que falarán sobre todas as novidades e as súas experiencias no mundo empresarial, amosando a todos os asistentes informacións relevantes para a posta en marcha de proxectos empresariais.

    Na tarde do venres día 26 ás 16:00h a Escola Superor Gallaecia será a encargada da realización dunha charla sobre «Tecnologia vs Arte – Vídeo360º», a cargo de Emília Simão e Samuel Barbosa – Professores de Multimédia e Artes da Escola Superior Gallaecia e Ensino Universitário. A Escola Superior Gallaecia é recoñecida pola esixencia, calidade e rigor na formación dos seus diplomados e pola investigación, neste caso misturando a tecnoloxía e a arte, cun proxecto que engloba a gravación de imaxes en 360º, unha técnica de vídeo novidosa para amosar a arte dun xeito diferenciador.

    Para rematar esta segunda xornada da Feira do Emprego e Formación «Tecnoimaxín», ás 17:30h, Brais X. Currás Doutor en Arqueoloxía e Mar Cortegoso Licenciada en Historia, falarán sobre «Transferencia e innovación: as paisaxes do sal como recurso económico». Veñen de rematar recentemente a primeira parte do Proxecto «A Guarda, Mar de Sal», onde grazas aos seus traballos descubríuse que as Salinas do Seixal forman parte do maior complexo de explotación do sal mariño ata agora documentado de todo o Imperio Romano. O proxecto «A Guarda, Mar de Sal» fundaméntase na necesidade de sustentar o desenvolvemento patrimonial sobre un sólido respaldo científico. O estudo rigoroso das paisaxes do sal e a súa posta en valor permitirán crear un recurso patrimonial posto ao servizo da cidadanía.

    O sábado pola mañá o grupo Randstad, empresa líder en traballo temporal e recursos humanos, realizará unha recollida de CV´s para as súas bases de datos para posibles vacantes nos diferentes postos que ofertan na actualidade.

    A Feira do Emprego e Formación «Tecnoimaxín» chega un ano máis á Guarda para desenvolver unha ampla programación de actividades ao longo de 3 días, un evento dirixido a estimular o talento e crear cultura emprendedora na comarca do Baixo Miño.

    O proxecto conta cunha páxina web (www.imaxinaguarda.com) na que se irá ampliando informacións de interese sobre este Feira do Emprego e Formación, que aspira a converterse nunha cita obrigada para todas aquelas persoas interesadas en coñecer máis sobre as novas tecnoloxías, a formación continua e emprego, novas vías de negocio, entre outras novidades do sector empresarial.

    PROGRAMA TECNOIMAXÍN – CONCELLO DA GUARDA

    XOVES 25 OUTUBRO

    MAÑÁ
    Acto inaugural – 10:00 horas
    David Regades Delegado da Zona Franca de Vigo

    OBRADOIRO 10:15 – 13:00 horas
    Competencias emocionais para afrontar un futuro laboral dixitalizado
    Gema Sánchez- Cabezudo
    Coach, formadora e Psicopedagoga

    TARDE

    18:30 – Proxectos da Zona Franca de Vigo
    Débora Ramonde – Directora de Zona Franca e Explotación Inmobiliaria de Vigo

    19:00 a 20:30 A felicidade nas novas organizacións
    Jaume Gurt , Director de Organización e Desenvolvemento de persoas Schibsted Spain (formada polas marcas InfoJobs, Fotocasa, Vibbo, Coches.net e MilAnuncios
    Autor Blog Un Ceo sin corbata

    VENRES 26 OUTUBRO

    FEIRA MAKER ( feira de tecnoloxía, robótica, …)
    Conferencia/exhibición 10:00/12:00 Robótica de competición e formación por OPRobots
    Manuel Rodríguez (técnico de hardware de OPRobots) e Alejandro Santos (técnico de Software de OPRobots) Contarán con robots durante todo o día no seu stand

    12:30 / 13:30
    Óscar Rodríguez Coordinador xeral de Ledisson Ait, programación robótica,
    A DISRUPCIÓN LABORAL: UNHA VERDADE INCÓMODA
    Novos perfiles, actitudes, aptitudes nos novos entornos laborais

    TARDE

    16:00-17:30 ESCOLA SUPERIOR GALLAECIA
    Emília Simão & Samuel Barbosa – Professores de Multimédia e Artes da Escola Superior Gallaecia | Ensino Universitário
    Tecnologia vs Arte – Vídeo360º

    17:30-18:00 Transferencia e innovación: as paisaxes do sal como recurso económico
    Brais X. Currás Doutor en Arqueoloxía e Mar Cortegoso Licenciada en Historia

    SÁBADO 27 DE OUTUBRO

    DURANTE TODA A MAÑÁ 10:00 / 14 horas
    Feira de empresas
    11:00/12:00 Nova perspectiva nos Recursos humanos, unha mirada sensible na era tecnolóxica
    María Caeiro, Conselleira Delegada Grupo Caeiro
    Vicepresidenta de M.Caeiro S.A.

    Presentacións das empresas: empresas da comarca cun rasgo innovador
    Conduce Susana Rodríguez
    Coach e psicóloga social

    Tag:A Guarda, charlas, Emprego, Formación, tecnoimaxín

    • Share:
    prensa

    Previous post

    A Guarda acolleu unha homenaxe aos asasinados no Campo de Concentración de Camposancos durante a guerra civil
    19 October, 2018

    Next post

    Rematan os traballos de escavación das Salinas romanas da Guarda
    20 October, 2018

    You may also like

    • A unidade móbil de ADOS volve antes de Nadal á Guarda
      11 December, 2025
    • AVISO: Alerta amarela por chuvias intensas e ondas este xoves e venres
      4 December, 2025
    • O mercadillo celebrarase o día 5 por mor do festivo da Constitución
      1 December, 2025

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy